Menú “Gusto Galego” nos Corte Inglés de Galicia

Menú “Gusto Galego” nos Corte Inglés de Galicia

Do 19 ao 28 de maio, os restaurantes do Corte Inglés de Galicia celebran as xornadas gastronómicas Gusto Galego dedicadas ao mestre “Picado”. Con esta iniciativa un elenco formado por 16 dos mellores chefs da comunidade reinterpretarán 73 receitas tradicionais da gastronomía galega converténdoas en cociña de vangarda.

Moitos dos produtos máis representativos da cociña de Galicia como a pescada, o bacallau ou a perna de cordeiro, formarán parte do Menú “Gusto Galego” e todas as receitas reinterpretadas estarán recollidas na revista dixital que recibe o mesmo nomee que o menú degustación.

Os cociñeiros que participan nestas xornadas son: Pablo Gallego (Pablo Gallego), Pablo Pizarro (Boca Negra), Carlos Llamosas (Casa Vasca), Luis Veira (Árbore da Veira), Sven Kretzschmer (Mirador de San Pedro), Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz), Silvia Facal (A Mundiña), Carmen Álvarez (A Cabana), Xabier Castrelo (El Refugio), Diego Bello (Hotel Attica 21), Iván Domínguez (Alborada), Xoan Crujeiras (A Estación), Eduardo Pardo (Casa Pardo), Lucía Freitas y Nacho Tierno (A Tafona) e Fernando Agrasar (As Garzas). E os sumillers Manuel Casal (A Cabana), Xurxo Rivas (O Secreto), Santiago Diéguez (Angazo) y Pablo Mosquera (Destapa)  maridarán á perfección as receitas con viños da rexión.

Comparte...