Mercado mundo ovo, en Monforte de Lemos

Mercado mundo ovo, en Monforte de Lemos

O sábado 8 de xuño o espazo central do Mercado de Abastos de Monforte de Lemos vaise encher de ovos coa celebración do Mercado Mundo Ovo. De paspallás, parrulo, avestruz… ata de galiña haberá ovos á venda durante todo o día (de 10 a 21 horas, cun receso para comer). Agárdanse ovos campeiros, ecolóxicos, das razas autóctonas galegas de Mos e Piñeira. E ademais artefactos destinados á súa preparación e demostracións de decoración dos mesmos por parte dunha artesá local.

No espazo gastronómico do mercado, Picota, gobernado por Damián Seijas, haberá unha tapa con ovo. E ata pode que unha demostración de cociña cos mesmos, na que Damián traballa sen esquecer a súa preparación para o mundial de baristas.

Comparte...