MexilOnseTuits terá lugar en Bueu o 2 de xuño

MexilOnseTuits terá lugar en Bueu o 2 de xuño

A segunda edición do festival social media, MexilOnseTuits, celebrarase en Bueu o 2 de xuño, inda que polo momento non se coñece o seu programa.

Na primeira edición do festival, que tivo lugar en 2012, Recetas de Rechupete foi premiado como mellor blog gastronómico, mentres que Capítulo Cero, no que a gastronomía ten un gran protagonismo, recibiu o premio como mellor blog informativo-cultural. Tamén houbo premio para Pizza Movil pola mellor campaña en canles sociais.

MexilOnseTuist preséntase como “os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, e que nacen co ánimo de premiar os mellores traballos galegos de marketing dentro das plataformas de comunicación social tales como Facebook, Twitter, Blogs, Youtube, etc., co fin de promocionar experiencias de éxito“.

Comparte...