Pinchos de Entroido, tamén en Muxía

Pinchos de Entroido, tamén en Muxía

Muxía vive os próximos dous fins de semana unha ruta degustación, que non concurso, de pinchos a partires de produtos típicos do Entroido, en horario de 13:00 a 15:30 horas.

Toman parte neste evento: A de Loló, Cafetería Galicia, Casa dos Congrios, Coral, O Porto, O Xardín, Prestige, Vinoteca Lorena, Wimpe, Cordobés, Don Quijote, Dorna, El Riojano e O Chocolate.

O Concello de Muxía sorteará un lote típico do Entrodioentre os que visiten, cando menos, oito locais da lista de bares participantes. Organiza o concello de Muxía e colabora ASMECO, Asociación Muxiá de Empresarios e Comerciantes.

Cartel de Entroido en Muxía

Comparte...