Cata en catamarán pola Ría de Arousa, con Nacho Costoya e a Ruta do Viño Rías Baixas

Cata en catamarán pola Ría de Arousa, con Nacho Costoya e a Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas ofrece unha cata comentada en catamarán pola Ría de Arousa guiada polo sumiller Nacho Costoya

A Ruta da Vendima 2015 na denominación Rías Baixas traerá, segundo avanza o organismo da Ruta do Viño Rías Baixas, catas comentadas, visitas a adegas e sendeirismo entre outras actividades.

A primeira chegará o venres 18 de setembro. Unha cata de catro viños da Denominación de Origen Rías Baixas a bordo dun catamarán na Ría de Arousa con Nacho Costoya como sumiller guía.

O evento comezará ás 19:30 horas no porto do Grove, dende onde partirá o barco de Mares do Grove nun percorrido que durará arredor de 90 minutos. “Pensamos en innovar a nosa oferta de ocio a través da combinación dunhas inmellorables vistas da ría e uns excelentes viños”, indicou a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.

O prezo desta cata é de 13 euros e cabe destacar que o prazo de inscrición finaliza o día 16 de setembro.

Para apuntarse ou solicitar máis información debe chamarse á Rutado Viño Rías Baixas (986 091 088 / 687 523 320) ou escribir ao correo electrónico info(arroba)rutadelvinoriasbaixas.com.

cartel-ruta-vino-rias-baixas-vino-nacho-costoya

Comparte...