Tapas de Entroido en Narón

Tapas de Entroido en Narón

Do 1 ao 12 de febreiro, o concello de Narón organiza Narón Gastronómico Entroido 2013 unha cita co Entroido e as tapas en diversos establecementos da localidade de Ferrolterra.

Se ben todas os pinchos serán gratuítos, os clientes que acudan disfrazados aos locais participarán no sorteo de diversos agasallos, como ceas nos establecementos participantes; para iso deberán encher un boleto e depositalo nunha urna.

Os días 7 e 9 (xoves e sábado de Carnaval), estas xornadas gastronómicas contarán coa animación de comparsas.

Comparte...