O Rosal vive a súa Feira do Viño

O Rosal vive a súa Feira do Viño

A Feira do Viño de O Rosal chega á súa edición número XXI cun programa que suma a degustación dos seus viños, a vertente técnica e actividades paralelas culturais.

A cita é do 19 ao 21 de xullo na Praza do Calvario do Rosal, se ben o xoves 18 terá lugar a xornada técnica do viño do Rosal, dende as 19:00 horas.

Nas carpas da Feira, ademais dos postos de distintas adegas desta subzona da DO Rías Baixas, tamén será posible degustar os pratos de restaurantes do Baixo Miño ou achegarse aos produtos da horta rosaleira que envasa A Rosaleira Para facilitar o desprazamento, haberá autobuses dende A Guarda.

O pregoeiro será Alberto González, do Restaurante Silabario de Tui. A súa intervención será o venres 19, dende as 20:00 horas.

Dossier_XXI_Feria del Vino de O Rosal

Feria del Vino de O Rosal

Comparte...