Obradoiros de cociña de Panepanna en abril: Vigo, Boiro, Santiago, Ourense…

Obradoiros de cociña de Panepanna en abril: Vigo, Boiro, Santiago, Ourense…

Anna Mayer “Panepanna” ofrece en abril cursos de cociña en Vigo, Boiro, Santiago, Ourense e, a falta de confirmar programa, Betanzos.

O 9 de abril a serie empeza en Vigo, en Don Chiringo haberá un taller de Dolcitalia de 19:30 a 22:30 horas, cun prezo de 25 euros.

En Dolcitalia preparanse tres sobremesas moi típicas: o tiramisú caseiro, a pannacotta e a torta frangipane, que é unha torta de améndoas e merengue.

As inscricións para as sesións en Don Chiringo realízanse por correo electrónico

O día 16 de abril tocará Boiro, en Tres Catorce con Pasta para Princiantes de 19:30 a 22:30 horas, cun prezo de 25 euros. Prepararanse e probaranse tres salsas básicas (o ragú á boloñesa, o pesto genoés e a carbonara). Inscricións, no facebook do restaurante.

O 15 e o 29 de abril chegan novos obradoiros ao Proxecto Garum de Santiago, trátase de Cociña Veneciana e Cociña Siciliana, respectivamente. O horario é de 20:00 a 23:00 cun prezo de 25 euros, cada un.

As propostas son pratos típicos destas rexións e tapas, denominadas en Venecia “cicheti”. Para apuntarse, pódese chamar o 981 102 910 ou escribir ao correo electrónico.

O 30, Panepanna volve ao Don Chiringo de Vigo con Cociña de Oriente Medio- Libanesa

Hummus con tahina, Baba anoush, Fattoush (Ensaladas de verduras e pan pita), Baba Ganoush, Falafel de garavanzos… de 19:30 a 22:30 horas, cun prezo de 25 euros e inscricións no correo electrónico.

Anna Mayer infórmanos de que en Ourense haberá curso de Cociña Italiana e que tamén haberá sesión en Betanzos, é posible manterse informado a través do seu facebook.

Comparte...