Panepanna ofrece novos cursos de cocina en marzo

Panepanna ofrece novos cursos de cocina en marzo

Anna Mayer “Panepanna” ofrece no mes de marzo novos cursos de cociña en Vigo, Santiago, Ourense e Betanzos.

O 6 e o 7 de marzo a serie empeza en Vigo, en Don Chiringo haberá, respectivamente, obradoiros de Cociña LibanesaDolcitalia – repostaría italiana de 19:30 a 22:30 horas, cun prezo de 25 euros.

Os libaneses son pratos frescos, doados e vexetarianos que ademais se poden facer con tempo como Hummus con tahina, Baba anoush, Fattoush (Ensaladas de verduras e pan pita) ou Falafel de garavanzos.

En Dolcitalia preparanse tres sobremesas moi típicas: o tiramisú caseiro, a pannacotta e a torta frangipane, que é unha torta de améndoas e merengue.

As inscricións para as sesións en Don Chiringo realízanse por correo electrónico.

O 11 de marzo chega un novo taller ao Proxecto Garum de Santiago, trátase de Pasta 102. O horario é de 20:00 a 23:00 cun prezo de 25 euros.

As propostas son: Pasta cacio e pepe (queixo e pementa), Pasta con le briciole (con faragullas, piñóns e pasas), e Bigoli in salsa (receita veneciana con anchoas).

Para apuntarse, pódese chamar o 981 103 910 ou escribir ao correo electrónico.

O 15 de marzo, Panepanna mostrará en Ourense Como facer un risotto paso a paso. Prepararanse tres propostas: un risotto básico con parmigiano e limón; un con azafrán e longaínza; e outro con caldo galego.

O obradoiro en Ourense será de 19:00 a 22:00 horas nun local por confirmar e cun prezo de 25 euros. As inscricións realízanse en
Ni mata ni engorda.

O 22 de marzo será a quenda de Casa Castillo en Betanzos, cun taller de Cociña Asiática que durará de 18:00 a 21:00 horas. A inscrición realízase por correo electrónico.

É posible que se realice algún obradoiro máis en Boiro.

Comparte...