XORNADAS GASTRONÓMICAS DO CAPÓN NO PARADOR DE VILALBA

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO CAPÓN NO PARADOR DE VILALBA

O Parador de Vilalba acolle, do 15 ao 23 de decembro, as xornadas gastronómicas do Capón de Vilalba.

Trátase dunha proposta apetitosa. Os entrantes consisten en paté de capón; pasta crocante con capón e queixo San Simón; e choco recheo de capón gratinado. O primeiro prato consta de filloas de capón, verduras e boletus; e os segundos a elixir son capón guisado ao albariño e capón asado á vilalbesa; a sobremesa é semifrío de dous chocolates.

O menú suxerido completo conta cun prezo de 39,50 euros e inclúe 3 aperitivos, primeiro prato, segundo a elixir e sobremesa. É posible coller algunhas das propostas por separado.

A iniciativa enmárcase dentro das mostras gastronómicas dos produtos de España e conta co atractivo engadido de realizarse nun parador como o da Torre dos Andrade.

Comparte...