Pepe Solla e Xoel López: fusión de gastronomía e música de orixe galega

Pepe Solla e Xoel López: fusión de gastronomía e música de orixe galega

O chef Estrela Michelin Pepe Solla poñerá sabor á música de Xoel López esta tarde ás 21 horas no Teatro da Arte en Madrid, nunha cita de gastronomía e música ‘made in Galicia’ que titularon “Pequenos momentos 1906”. Os asistentes, aqueles que xa dispoñan de entrada, xa que non quedan prazas dende hai días, poderán gozar do concerto mentres proban os diferentes petiscos que elaborará en directo o cociñeiro. Solla fará cinco tapas diferentes baixo a idea de recuperar eses sabores que xamais deberían perderse, pero dende a óptica da alta cociña, como o bocadillo de sardinas, os espaguetis con tomate ou as tradicionais lentellas.

Pepe Solla e Xoel López son dous profesionais galegos de ampla traxectoria, que lograron nos seus respectivos campos o recoñecemento ao seu traballo a nivel nacional. Estrella Galicia únelles agora neste especial evento no que a cervexa 1906 será tamén protagonista.

Comparte...