Lacón con Petelo, esta fin de semana na Cañiza

Lacón con Petelo, esta fin de semana na Cañiza

A vila da Cañiza vive esta fin de semana a súa V Festa Gastronómica do Lacón con Petelo Unha cita que conta con carpa que abre os dous días para acoller actividades, como música ou unha chocolatada, e se complementa cos menús a 18 euros nos 15 restaurantes asociados. 

O menú consta de caldo, lacón con petelo, berzas, chourizo de carne e de cebola, patacas, tetilla con mel e noces ou marmelo, viño, café e chopo.

 Lacon con Petelo Díptico 2013

Comparte...