“Ponte de Merluza” en Burela do 1 ao 3 de novembro

“Ponte de Merluza” en Burela do 1 ao 3 de novembro

A vila de Burela continúa coas súas xornadas gastronómicas dinamizadoras da hostalería local. Do venres 1 ao domingo 3 de novembro tócalle á pescada coa acción “Ponte de Merluza en Burela”.

Serán 20 os establecementos que ofrecerán minirracións a un prezo de 2 euros. Os que se acheguen aos bares e restaurantes e selen a súa tarxeta de participación en, polo menos, catro locais entrarán no sorteo dunha cesta de peixe valorada en 500 euros, doada por ABSA Armadores de Burela.

Unha boa opción, a de achegarse ata a Mariña…

Folleto de Burela Ponte de Merluza

Comparte...