Pontecesures celebra a súa tradicional Festa da Lamprea

Pontecesures celebra a súa tradicional Festa da Lamprea

O Concello de Pontecesures celebra a XXI edición da Festa da Lamprea

Esta festa é unha cita ineludible para todos os amantes da lamprea. A celebración, que terá lugar o domingo, 13 de marzo, e que coincidirá coa romaría de San Lázaro, dará comezo ás 10:00 horas. O doutor o Bioquímica e Bioloxía Molecular, Tomás Sobrino Moreiras, será o encargado de dar o pregón ao mediodía no Salón de Plenos.

Non será ata as 14:00 horas cando comece a degustación tradicional na carpa instalada xunto á Praza de Abastos na que se prevé que se cociñen máis de 500 racións de lamprea. Cocinarase guisada ao estilo tradicional, que xunto á bordelesa, arroz e bebida conformarán o prato, que terá un prezo de 10 euros.

De entre as novidades deste ano, destacan a instalación dunha vermutería móbil e o espectáculo dos baristas galegos Kanalla Coffee a partir das 15:30 horas na praza da lonxa.

Comparte...