Presentación en Santiado do libro “Aguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”

Presentación en Santiado do libro “Aguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”

O compostelán Miguel Ángel Gómez González presenta mañá ás 12 da mañá, no Centro Superior de Hostalería de Galicia, o seu libro “Aguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”, que busca ofrecer unha visión de 360º deste produto, desde as súas orixes ata a actualidade.

Na presentación estarán, xunto co autor, varios dos colaboradores que participaron no libro, entre os que se atopan Ignacio Orriols, doutor de Ciencias Químicas e exdirector do EVEGA; Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC; Alberto Lareo, chef do restaurante Manso de compostela; José Martí, director nacional da compañía produtora de espirituosos Bardinet e Jorge Conde Miguélez, artista e experto en Ciencias da Educación. Ademais, estará tamén a chef con estrella Michelín Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación de Cambre, que realizará un Showcooking para todos os presentes.

O libro, con prólogo do Presidente da Real Academia de Gastronomía e fotografía e maquetación do coruñés Alberte Sánchez Regueiro, aborda ao longo de 20 capítulos todo tipo de cuestións relacionadas co augardente, cun marcado carácter didáctico e unha linguaxe sinxela e próxima ao lector.

Comparte...