Presentación en Vide, Vide! do libro ” Cóntoche un viño? Rarezas e Caras B dos nosos viños e adegas”

Presentación en Vide, Vide! do libro ” Cóntoche un viño? Rarezas e Caras B dos nosos viños e adegas”

O espazo Enocultural Vide, Vide! será escenario, o próximo sábado 18 de abril ás 19:30 horas, da presentación do libro “ Cóntoche un viño? Rarezas e Caras B dos nosos viños e adegas”, escrito polo malagueño Enrique López. En palabras do autor, esta obra financiada a través dunha campaña de crowdfunding, é “un libro diferente; sen tecnicismos, dunha forma sinxela e amena trata de achegarse ao lado humano do proceso de elaboración do viño. ”

Na cita poderanse degustar os viños de Viña Moraima, adega da D.O. Rías Baixas, cuxa historia protagoniza a introdución do libro. O evento forma parte das actividades paralelas do festival de cociña galega, Compostela Gastronómica. A entrada é gratuíta, con prazas limitadas. Xa se pode realizar a reserva en info@videvide.net ou no teléfono 981 58 29 11.

Comparte...