Mostra do aceite de Quiroga. Quiroga cítase coa tradición

Mostra do aceite de Quiroga. Quiroga cítase coa tradición

Quiroga, e máis concretamente a parroquia de Bendilló, é no mes de febreiro sinónimo de aceite, coa súa XIII Mostra do Aceite de Quiroga.

O muíño de Bendilló é o escenario para as súas actividades que comezan co anticipo da Xornada técnica sobre o aceite, a mañá do sábado 16.

De 11:00 a 12:00 horas mostrásense as “Aplicacións culinarias do aceite de Quiroga: unha xoia para levar por dentro”, nunha conferencia de Fe Mourenza Álvarez, da Escola de Hostalaría deLugo.

A continuación, ata as 13:00 horas, Emilio Lemos Rubinos, enxeñeiro de da Sociedade Agrícola Galega, achegarase a: “Fertilización e coidados da oliveira”.

Non obstante, o día grande será o vindeiro domingo 24 de febreiro, tamén no muíño de Bendilló.

Ás 11:00 inaugurarase a mostra e dende as 11:30 porase en marcha o muíño e comezará a demostración de como facermos o aceite tradicional, que durará toda a xornada.

A cata dos aceites participantes terá lugar ás 12:00 horas, na Capela das Farrapas. A cita estará amenizada con música e danza tradicional.

Non faltarán a exposición e venda de produtos da zona, así como polbo e churrasco.

Comparte...