Regina Viarum acolle a presentación do ensaio “El vino en la vida de Estebanillo. El pícaro gallego romano”

Regina Viarum acolle a presentación do ensaio “El vino en la vida de Estebanillo. El pícaro gallego romano”

O salón nobre da adega do D.O Ribeira Sacra Regina Viarum acolle o 30 de maio, a partir das 13h, a presentación do libro “El vino en la vida de Estebanillo. El pícaro gallego romano”, obra do escritor e xurista lucense, Germán Barreiro. A obra do autor lucense é un ensaio arredor das andanzas deste pícaro, Estebanillo González, e o destacado protagonismo do viño nas súas aventuras.

O acto, con entrada libre, inclúe a firma de exemplares do libro por parte do autor, así como a posibilidade de adquirilos na propia adega.

Comparte...