A repostaría de Melide presenta o seu libro este sábado

A repostaría de Melide presenta o seu libro este sábado

Unha nova iniciativa para divulgar a riqueza e tradición da repostaría de Melide

A Asociación de Repostería Melide Terra Doce segue dando a coñecer os doces tradicionais da súa vila.

O sábado 6 de xuño presentará o libro “A Repostaría de Melide” en homenaxe aos ricos, melindres e amendoados e as persoas que participaron e participan na súa elaboración.

A publicación conta coa autoría do historiador Xosé Manuel Broz, Socorro Cea Vázquez, Natalia Rodríguez Noguerol e máis Vanesa Martínez Iglesias.

A cita é no Museo da Terra de Melide, ubicado na Praza do Convento, a partir das 20:00 horas e tamén servirá como anticipo dunha nova Festa do Melindre, que este ano celebrarase o sábado 13 e o domingo 14 de maio.

A Asociación da Repostería Melide Terra Doce agrupa aos reposteiros dese concello do interior coruñés e propicia numerosas accións de divulgación dos seus amendoados, melindres ou ricos.

presentación libro repostería de melide

 

 

Comparte...