O Restaurante Manso acolle novamente unha exposición de arte

O Restaurante Manso acolle novamente unha exposición de arte

O Restaurante Manso de Santiago de Compostela acollerá unha recopilación da obra do compostelano Santi Jiménez aunando novamente a cociña innovadora entre o tradicional e o vangardsita e o arte do debuxo. O establecemento hostaleiro será un espacio expositivo paralelo onde poder coñecer de preto a obra do autor santiagués. Así, exhibirase unha exposición con peza da súa obra “Se acabó la fiesta”, apelando ao contexto xeral de crise que se atravesaba no momento.

Este conxunto de pezas pon en manifesto algunhas das constantes na linguaxe plástica do artista como o influxo do cómic, o deseño e o cine. Destaca o “collage” dixital, como ténica máis característica e a presenza da muller coma protagonista, outra das súas constantes.

Desta forma, o restaurante Manso busca espertar nos seus comensais un interese e conexión da cociña e do arte, así como avivar o afecto pola experiencia culinaria que ofrece.

Comparte...