O restaurante Osushi de Vigo celebra o seu 10 aniversario

O restaurante Osushi de Vigo celebra o seu 10 aniversario

O restaurante Osushi de Vigo cumpre 10 anos baixo o mando dos cociñeiros Andrés Medici e Ivana Boeri. E para celebralo, o seu equipo organiza o vindeiro luns ás 9 da noite unha festa ao grande. Trátase do evento “10 años de Osushi + 10 cocineros + 1 (que no cocina)“; unha cea que reunirá a algúns dos mellores chefs da cociña galega para poñer o broche final a unha década de traballo. Tras a celebración, o Osushi pechará definitivamente as súas portas para reinventarse e reabrir nun novo local, cun novo concepto e tamén un novo nome: Purosushi.

Na festa, que consistirá nunha cea tipo cóctel na que o equipo de Osushi e os cociñeiros convidados elaborarán a súa tapa, estarán presentes os chefs con estrela Michelín Iván Domínguez, de Alborada (A Coruña) e Dani Guzmán, de Nova (Ourense); o Cociñeiro do Ano Galicia 2014, Diego “Moli” López de La Molinera (Lalín); Dani López do restaurante O Camiño do Inglés (Ferrol); Pablo Pizarro de Bocanegra (A Coruña); Beni Couso de Taberna Patouro (Vigo); Carlos Barreira e Gerson Iglesias de Ruxe Ruxe (Vigo); e Marcos Blanco e Diego Novas de Barrabasada (Vigo).

Ao terminar a cea haberá, ademais, unha actuación do monologuista Miguel Sincero. A entrada ten un prezo de 45 €, e inclúe a degustación das 10 tapas e unha barra libre de viño e cervexa. As prazas son limitadas, así que se queres asistir reserva canto antes no teléfono 986 294 481 ou no email contacto@osushi.es .

Comparte...