A Ruta do Viño Rías Baixas organiza unha cata de viños tintos maridados con conservas

A Ruta do Viño Rías Baixas organiza unha cata de viños tintos maridados con conservas

O Pazo de Mugartegui, sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, será o escenario da segunda das catro “Catas entre Amigos” que organiza a Ruta do Viño Rías Baixas con motivo do seu vixésimo aniversario. Na cita que terá lugar mañá venres a partir das 20.00 horas poderase combinar a cata de catro viños tintos acollidos dentro desta D.O. cunha degustación de conservas de mexillóns e sardinillas, proporcionadas por ANFACO,colaborador desta iniciativa.

A cata será conducida polo catador Nacho Costoya e nela degustaranse tintos producidos por adegas socias da Ruta do Viño Rías Baixas e pertencentes cada un deles a catro subzonas diferentes do ámbito da denominación.

As próximas “Catas entre amigos” celebraranse as próximas semanas nas cidades da Coruña e Vigo.

Comparte...