Saborearte, Sabor y Arte en el Camino de Santiago chega a El Corte Inglés

Saborearte, Sabor y Arte en el Camino de Santiago chega a El Corte Inglés

Este xoves día 19 de abril ás 19 horas terá lugar en El Corte Inglés de Santiago de Compostela o encontro Saborearte, Sabor y Arte en el Camino de Santiago. Baixo a etiqueta de Saborearte agrúpanse un conxunto de empresas do sector da alimentación de Galicia. O acto terá lugar no Salón de Ámbito Cultural, situado na planta Baixa de El Corte Inglés de Santiago.

No acto intervirán un total de seis personalidades: Cándido Pazos (artista e escultor), Roberto Pereiro (economista), Pablo Pinilla (administrador-xerente de Acemelia), Luís Escurís Pérez (director xeral de Luís Escurís Batalla), Antón Fonseca (vice presidente de Terras Gauda)e Pati Branco (director de Comunicación e Relacións Institucionais El Corte Inglés Galicia).

Comparte...