+QSETAS: Saída micológica e degustación en Latas, Copas e Puros

+QSETAS: Saída micológica e degustación en Latas, Copas e Puros

O espazo gastronómico de Salceda de Caselas Latas, Copas e Puros, propón unha saída outonal diferente para o día 18 de outubro, que denominaron +QSETAS. A xornada comezará ás 9,30 da mañá cun “cafecito” no establecemento, xunto a unha explicación da actividade por parte dun experto micólogo. A partir das 10 os asistentes chegarán ao monte, onde se comezarán a recoller os cogomelos, sempre baixo supervisión profesional. Tras aproximadamente 3 horas de percorrido, volverán ao local para clasificar e limpar os exemplares recollidos e o cociñeiro Esteban Cidanes seleccionará as que necesite para completar o menú, que se poderá degustar unha hora despois.

O prezo da xornada completa é de 35 euros por persoa, e xa se pode reservar praza nos números. 674 369 824 o 615 911 277. Máis información na web www.latascopasepuros.es.

Comparte...