Santiago celebra este fin de semana o Compos Beer Fest

Santiago celebra este fin de semana o Compos Beer Fest

Desde o venres 15 de xuño ata o domingo 17, o Parque de Belvís de Santiago acollerá o Compostela  Beer  Fest, un evento que pretende  poñer en valor a cervexa artesá con distintas actividades.

O Compostela  Beer  Fest é un festival gratuíto no que os asistentes poderán degustar máis de 100 cervexas artesás procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén da xeografía nacional. Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas, entregas de premios, catas,  foodtrucks e actividades de animación como concertos, xogos e talleres para nenos. Todo para dar a coñecer o proceso de elaboración da cervexa artesá e fomentar o seu coñecemento.

Así,  este evento contará no seu programa con actividades como un curso de elaboración de cervexa artesá, un concurso á mellor cervexa artesá e un premio á mellor etiqueta. Despois de sufrir un adiamento pola choiva, o Compos Beer Fest celebrarase finalmente este fin de semana, en horario de 12:00 a 00:00.

Comparte...