Foto: Turismo de Santiago

Santiago Paixón Doce

Cita coa gastronomía máis doce en Santiago de Compostela durante a Semana Santa.

Do 18 ao 27 de marzo máis de vinte restaurantes e cafeterías da cidade incluirán nas súas cartas postres e sobremesas típicos destas datas e mesmo se poderán tomar na propia barra dos locais sen necesidade de pedir menú. Preparacións tradicionais como torradas, leite frito, rosquillas, etc e propostas máis innovadoras como “Paixón de café con crocante de améndoa”, farán as delicias dos máis golosos.

Os locais participantes en Santiago Paixón Doce son: Metate, Ou Celme do Caracol, Bicoca, A Culler do Villar, Os Carafio, Recantos, Casino, Cre-Cotte, Rey, Orfeón – San Francisco Hotel Monumento, Farggi, Cervantes, Airiños Aires, A Pasaxe, Caney, Coruña, Mesón Ferradura , Stollen, Polígono , Góndola e Góndola II.

Comparte...