Semana Gastronómica dos Arroces nos restaurantes de El Corte Inglés de Galicia

Semana Gastronómica dos Arroces nos restaurantes de El Corte Inglés de Galicia

Os restaurantes de El Corte Inglés de Galicia acollen dende o 29 de xuño ata o 9 de xullo a Semana Gastronómica dos Arroces na que se ofrecerá unha ampla selección de pratos nos que o arroz, un dos ingredientes máis recoñecidos e prestixiosos da gastronomía, será o protagonista.

Entre os pratos presentados poderás degustar dende a recoñecida paella valenciana ao tradicional senyoret ou o arroz cociñado ao forno. Dende logo, non faltará a combinación máis ofertada: arroz e marisco, que a poderemos atopar na paella de ameixas, rape e habitas,  o arroz caldoso con bogavante, o arroz de sepia e langostinos ou o de carabineiros e vieira. Os máis clásicos poderán saborear o tradicional arroz con verduriñas de tempada ou a paella con polo de corral. A fideguá tamén estará presente no menú, combinada con marisco, para aqueles que prefiran decantarse por este prato mariñeiro.

Un saboroso percorrido que permitirá a todos aqueles que se acheguen aos restaurantes de El Corte Inglés de Galicia gozar duns pratos exquisitos cociñados polos mellores chefs, con ingredentes de gran calidade e as variedades de arroz máis selectas.

Comparte...