Servino oferta un curso de viños de Xerez

Servino oferta un curso de viños de Xerez

A aula de Catas da empresa Servino na Coruña programou o Curso de Viños de Xerez, que se celebra os días 28 e 29 de setembro impartido por Luís Paadín, formador homologado do C.R. de Viños de Xerez. A formación permitirá aos participantes facer un percorrido pola historia, tipoloxías, servizo e harmonías desta emblemática rexión, ademais de catar máis de 15 viños entre finos, fino en rama, manzanilla pasada, amontillado, palo cortado, oloroso, cream, Pedro Ximénez, ect, e que permitirá afondar nas crianzas biolóxicas, oxidativas e mixtas que caracterizan estes viños. O prezo do curso é de 50?, prazas limitadas até cubrir aforamento mediante inscripcíón en info@servino.net.

Comparte...