Os cogomelos e Celanova, nova parada de Tapas&blogs

Os cogomelos e Celanova, nova parada de Tapas&blogs

“Tapas&blogs Galicia” prosegue co seu calendario de actividades e o sábado 23 de novembro achégase a Celanova para botarse ao monte e aprender de cogomelos da man de Alejandro Mínguez, experto micólogo e a súa “Plan C Sala micolóxica e Tapería”.

Tapas&blogs é un colectivo que reúne a distintos bloggers galegos que deixan de lado os seus teclados e organizan xornadas e distintas accións gastronómicas e enolóxicas.

Nos montes dos arredores de Celanova identificaranse diferentes variedades de cogomelos, para despois seren tratadas en Plan C.

Axenda de actividades:

10 horas Recepción de asistentes na Sala Micolóxica “Plan C”, Celanova

10:30h Charla teórica de conceptos básicos sobre os cogomelos e a súa recolección

11:30h Saída ao monte, por piñeirais e carballeiras nos arredores de Celanova

13:30h Sala de traballo en Plan C: clasificación, procesado e limpeza de cogomelos. Conservación e aplicación culinaria.

15:00h Menú micolóxico coas variedades que ofrece a Tapería de Plan C

18:00h Fin da xornada trala sobremesa

Comparte...