Silleda organiza a I Festa Gastronómica do Porco

Silleda organiza a I Festa Gastronómica do Porco

O porco, un dos produtos por excelencia da gastronomía tradicional galega, terá o seu día na I Festa Gastronómica do Porco, que se celebrará en Silleda os días 10 e 11 de decembro. Os asistentes ao evento poderán degustar pratos preparados por algúns dos principais restaurantes do municipio, servidos en racións para os que se cociñarán, de forma diversa, todas as partes do porco.

Para a celebración deste acontecemento gastronómico a organización habilitará unha carpa, na que estarán as casetas dos diferentes locais participantes: A Moa, Casa Culler, Carballeira de Chousiño, Coteliño, Esther, González, Maril, O Rubio, Os Toneles, Ricardo, Trujillo e Vía Argentum. O recinto estará aberto de 12.30 a 16.30, e de 18.30 a 23.00 o sábado día 10; e de 12.30 a 16.30 o domingo día 12.

O programa gastronómico complementarase, de modo paralelo, cun amplo programa cultural. A festa abriraá a mañá do sábado coa presentación do coñecido humorista Xosé Antonio Touriñán, e continuará ao longo de todo o fin de semana coa actuación de diferentes grupos folklóricos tradicionais e outras agrupacións musicais.

A organización do evento corre a cargo da Asociación de Festas de Silleda, coa que colaboran a Asociación de Empresarios y Comerciantes de Silleda, Ecos; Produtores Porcino de Silleda, a Asociación de Hostalería de Silleda, a Asociación Cultural “O Lacon”, as carnicerías de Silleda e o Concello de Silleda.

Comparte...