Taller de balde de receitas con queixo, en Vilagarcía, o sábado 28 de febreiro

Taller de balde de receitas con queixo, en Vilagarcía, o sábado 28 de febreiro

O curso de cociña é na Aula de Cociña do Centro Comercial Arousa

A Aula de Cociña do Centro Comercial Arousa acollerá o sábado 28, de 17:30 a 19:30 horas do serán, Cociñando con queixo, un taller gratuíto no que se mostrará aos asistentes a versatilidade e características gastronómicas do queixo.

As profesoras do curso serán as vilagarcianas Maribel FernándezGeni Longa, que elaborarán de forma práctica 5 receitas aderezadas con diferentes tipos de queixo e coas que os asistentes aprenderán a elixir o máis axeitado para cada prato e a sacarlle o máximo partido á súa textura e sabor, segundo o tipo de preparación ou acompañamento.

Ao longo do taller elaborarase almagrote, un mollo típico de La Gomera; pan recheo de queixo e pesto; quiche de queixo e espinacas; e arroz con pera e gorgonzola. Como sobremesa, muffinsde queixo manchego, noces e arandos e flan de queixo parmesano acaramelado.

As receitas do curso, aberto ao público ata completar aforamento, estarán dispoñibles na páxina web do centro www.ccarousa.com cando remate.

Comparte...