Obradoiro de cociña en Vigo para os máis pequenos

Obradoiro de cociña en Vigo para os máis pequenos

Se buscas unha actividade para os máis pequenos, a empresa a6pasos organiza para o 8 de agosto un Taller de Cociña Saudable e Ecolóxica para nenos menores de 10 anos. Os máis pequenos, que deberán ir acompañados dun adulto, poderán aprender e sorprender aos seus pais cos seus coñecementos culinarios con receitas que logo poderán volver repetir en casa, sen necesidade de usar forno.

Para exercer como SuperChef só é necesario facer a inscrición vía web e abonar 20 euros de custo da actividade, que se celebrará en O Lar da Queixa a partir das 11h.

Comparte...