Obradoiro de cociña maridada con viños de Jerez, en Vigo

Obradoiro de cociña maridada con viños de Jerez, en Vigo

Pepe Ferrer, embaixador da D.O. Xerez, impartirá unha formación sobre os viños desta denominación na Quesería Marqués de Valladares, o martes, 14 de xuño, en Vigo

Os asistentes asistirán a unha introdución sobre estes viños e as súas variedades, xunto a Anna Mayer. Durante a cata tamén se poderán degustar tres tapas elaboradas con queixos da propia tenda, poñendo a proba a versatilidade e potencial dos viños de Xerez.

Este taller terá un custo de 30 euros e inclúe o taller con Anna Mayer, a cata e a degustación. Terá lugar o martes, 14 de xuño, na Quesería Marqués de Valladares (Vigo), de 20:00 a 23:00 horas.

Comparte...