Talleres de cociña en Proxecto Garum e La Molinera

Talleres de cociña en Proxecto Garum e La Molinera

Decembro, antes das ceas do Nadal, tamén é momento propicio para apuntarse aos cursos de cociña, coma os que ofrece Panepanna no Proxecto Garum de Santiago e en La Molinera de Lalín.

No Proxecto Garum (Santiago) os gnocchi, con todas as súas distintas preparacións, serán os protagonistas o domingo 1 ou o luns 2 de decembro, de 20:00 a 23:00 horas. O prezo do curso é de 25 euros e é posible anotarse por correo electrónico ou no teléfono 637 273 700.

No restaurante La Molinera (Lalín) o taller será sobre Cociña con wok: stir – fry, o mércores 4 de decembro de 19:00 a 22:00 horas e tamén cun prezo de 25 euros. Para apuntarse, cómpre chamar ao teléfono 607 675 184 ou ao correo electrónico 

Comparte...