Tapas de mexillón no Casco Vello de Vigo, durante este mes de xuño

Tapas de mexillón no Casco Vello de Vigo, durante este mes de xuño

Un total de 23 establecementos do Casco Vello de Vigo tomarán parte nas sextas xornadas do mexillón, que se celebran do 7 ao 29 de xuño.

As tapas de mexillón custarán 1,5 euros neses locais que estarán debidamente identificados. A aposta é por repetir o éxito de anos anteriores para este evento que ofrece unha especial atención aos turistas, con materiais de promoción en inglés.
Os comerciantes e hostaleiros do centro comercial aberto do Casco Vello de Vigo organizan esta cita coas tapas de mexillón, co apoio do Concello e máis da Consellería de Industria e Turismo da Xunta.

Folleto de xornadas do mexillón

Póster_mexillón_2013

Comparte...