Petiscos en Santiago, ata o 4 de decembro con Santiago(é)Tapas 2016

Petiscos en Santiago, ata o 4 de decembro con Santiago(é)Tapas 2016

A novena edición do concurso de tapas de Santiago de Compostela chega a 69 locais de hostalaría, ata o domingo 4 de decembro

Santiago mergúllase nunha nova edición do Santiago(é)Tapas, o seu concurso de tapas, que repite as liñas mestras das súas oito edicións anteriores.

Cinco rutas dividen a cidade, agrupando a 69 bares e restaurantes participantes; o tapasporte é o libriño no que deixarmos constancia das visitas aos locais; votos en urna que dan dereito a gañar distintos premios; xurado de incógnito visitando establecementos…

Os cambios fundamentais son o aumento do prezo dos petiscos a 2,5 euros e o axuste de datas, entre o xoves 17 de novembro e o domingo 4 de decembro, case paralelo ao festival de cinema Cineuropa.

Por segunda edición, Santiago(é)Tapas está organizado de xeito conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Conta co patrocinio de Cash Récord, Coca Cola e Mil Ríos, e máis a colaboración especial de Estrella Galicia – Cabreiroá.

No seu portal oficial, máis información.

Comparte...