O Concurso de Tapas Tapicheo prepárase para a súa nova edición

O Concurso de Tapas Tapicheo prepárase para a súa nova edición

A XII edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2018, terá lugar do mércores 5 ao domingo 9 de decembro en Sarria. Durante estes días poderánse degustar as tapas que elaboren os establecementos participantes nun horario de 20:00h a 23:00h, aínda que algúns dos locais tamén ofertarán os petiscos ao mediodía.

Este ano a iniciativa conta cun total de 24 establecementos. Ademais, a clientela participante poderá entrar, en caso de ter 15 selos que certifiquen o consumo en ese número de establecementos, no sorteo de ceas para dúas persoas, lotes de viños e destilados, bonos regalo ou unha fotografía artísitica. En caso de contar cos 24 selos pertencentes a cada local, poderán ganar un bono para unha viaxe.

Comparte...