As tapas viguesas triunfan en Madrid Fusión

As tapas viguesas triunfan en Madrid Fusión

O restaurante vigués A Consentida fíxose co segundo premio no XIV concurso nacional de Tapas de Deseño, patrocinado por Mahou-San Miguel, celebrado no marco da segunda xornada de Madrid Fusión 2018. O seu “Cornete Thai de pito& curry” mereceu a segunda mellor puntuación do xurado, composto por profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos da restauración, a gastronomía e o xornalismo.

O equipo da Consentida xa se impuxo, coa mesma tapa, no Mercado de Sabores de Mahou que se celebrou en Vigo o pasado mes de maio e aquel recoñecemento abriulles as portas de Madrid Fusión, o cume internacional da gastronomía que se celebra esta semana na capital. Nesta ocasión, a proposta viguesa alzouse co segundo premio, sendo superada só polo Tsultaki con aires asiáticos que presentou o restaurante bilbaíno Haritza Gastro.

Comparte...