Tápeate Ferrol, do 1 ao 24 de marzo

Tápeate Ferrol, do 1 ao 24 de marzo

Ferrol celebrará o seu concurso de tapas, Tapéate Ferrol, do un ao 24 de marzo, organizado pola asociación de hostelería e o concello. O concurso terá lugar de xoves a domingo e poderán participar todos os locais do concello ferrolán que o desexen.

O público participará votando as súas tapas preferidas e as dez máis votadas pasarán á final, na que o xurado estará composto polo cociñeiro Alfonso González, de Casa Pendás, e os xornalistas José Varela e Miguel Vila.

Haberá premios tanto para os concursantes como para os clientes que voten ás súas tapas favoritas.

Comparte...