Xa chega o Tapicheo, nova cita coas tapas en Sarria

Xa chega o Tapicheo, nova cita coas tapas en Sarria

Tapicheo de Sarria é un dos concursos de tapas con máis arraigamento e no que máis xente se implica.

Na sétima edición, que se celebra entre o 30 de novembro e o 7 de decembro, poderanse probar 63 tapas en 32 establecementos da localidade, divididos en distintas rutas.

As creacións repártense nas categorías tradicional e innovadora e os seus prezos varían entre 0,50 e 2 euros. O horario de servizo é de 20:00 a 23:00 horas.

O Tapicheo está organizado polo Concello de Sarria e a Asociación cultural gastronómica O Porco Cebado.

Rutas Tapicheo’13

Comparte...