Terceira edición da feira Viñerón na Cidade da Cultura

Terceira edición da feira Viñerón na Cidade da Cultura

A terceira edición da feira vitivinícola Viñerón celebrarase o 1 de abril no Edificio Cinc Cidade da Cultura de Galicia. Viñerón 2017, organizada polo Instituto Galego do Viño, é unha feira creada para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño, mediante o encontro directo entre 15 dos mellores novos talentos do sector.

Viñerón 2017 preséntase como unha reunión desenfadada entre viticultores e entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados, desexosos todos, por coñecer os traballos que están a destacar no mundo do viño, catalos e levar algunha botella a casa. O obxectivo deste evento é axudar a difundir o traballo de produtores e produtoras emerxentes que aínda non son moi coñecidos no mercado pero que elaboran uns viños que merecen un especial recoñecemento.

Os asistentes poderán gozar dunha experiencia multisensorial que combina: feira de viños, na que se poderá catar e comprar viño directamente aos Viñerones; música en directo, a cargo de catro grandes artistas como Pepe Solla, Juanjo Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio dos Santos; e street food, ofrecida por unha selección de food trucks cunha proposta gastronómica tan coidada como novedosa. As entradas pódense adquirir na páxina web do evento (viñeron.com) a un prezo de compra de 15€ a entrada individual e 25€ a entrada dobre.

Comparte...