De Tapas por Tui ata o 24 de febreiro

De Tapas por Tui ata o 24 de febreiro

Tui vive ata o 24 de febreiro o seu certame “De Tapas por Tui”.

Un total de 18 establecementos de hostalaría da súa zona urbana divídense en percorridos por cores segundo a súa actividade para ofreceren as súas creacións: cafetarías e bares; taperías, restaurantes e pizzarías;bocaterías; e copas e cócteles.

Dende o almorzo e durante todo o día ofrécense tapas a 2 euros, salvo no caso dos combinados que funcionan pola noite. Cada establecemento debe realizar entre 1 e 3 apostas.

Como é habitual, os que completen a ruta entrarán no sorteo de diversos premios e todos os clientes poden puntuar a calidade das creacións.

De Tapas por Tui

Comparte...