Túnel do Viño Galego, este fin de semana en Pontevedra

Túnel do Viño Galego, este fin de semana en Pontevedra

A Federación Rural Galega pon en marcha, xunto coa Asociación Galega de Viticultura e o patrocinio do Concello de Pontevedra, o Túnel do Viño GalegoBeber do País“; que se celebrará na Casa da Luz de Pontevedra o 26 e 27 de novembro.

Ao evento acudirán 35 adegas galegas en representación de todas as comarcas vitivinícolas da comunidade. Estarán tamén representadas as zonas e as subzonas das 5 Denominacións de Orixe de Galicia, Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei; as 3 indicacións xeográficas protexidas, Betanzos, Barbanza-Iria e a recentemente creada Ribeiras do Morrazo; e a comarca de Negreira de Muñiz.

O horario  será, o sábado, de 12 a 2 pola mañá e de 5 a 8 pola tarde; e o domingo de 12 a 14. O prezo da entrada ao evento é de 5 euros, aos que se sumarán outros 10 euros para os participantes de cata-degustaciónGaliza, terriña de viños“, que se realizará os dous días ás 12 e media da mañá.

Comparte...