“O Vicedo sabe a mar”, xornadas gastronómicas de altura

“O Vicedo sabe a mar”, xornadas gastronómicas de altura

O Concello de O Vicedo, na Mariña lucense, celebra o 25 e o 26 de outubro “O Vicedo sabe a Mar”, un evento gastronómico que quere promocionar os produtos gastronómicos da súa ría a través de diversas actividades.

A cita comezará o venres 24 de outubro a partir das 20:00 horas cunha ruta de pinchos polos bares e restaurantes do Vicedo, onde se poderán degustar tapas con sabor a mar polo prezo de 2 euros, como soe acontecer nestes roteiros de petiscos, os clientes teñen a posibilidade de gañar premios.

Na rúa do porto instalarase unha carpa gastronómica na que se desenvolverán distintas actividades durante o sábado e o domingo.

Polas mañás terá lugar un taller de cociña infantil e disporase do servizo de ludoteca na que se realizarán manualidades vinculadas co mar para os cativos.

Na tarde do sábado será a quenda , dun obradoiro de cociña creativa dirixido ás amas de casa e consumidores; e a tarde do domingo haberá un concurso de receitas.

Xa pola noite, a carpa converterase nunha tapería da ría e taberna galega, centrada nos produtos do mar. Contará con ambientación musical.

O Vicedo sabe a mar é un proxecto cofinanciado polo Grupo de Acción Costeira a Mariña-Ortegal.

Programa de actividades gastronómicas

products-gastronomicos-mar

Comparte...