Degustación en Vide Vide e Catrineta, en Santiago, este sábado

Degustación en Vide Vide e Catrineta, en Santiago, este sábado

O próximo sábado 5 de outubro, dende as 12 horas, hai unha cita dobre en Santiago de Compostela. O espazo enocultural VIDE, VIDE e a tenda Catrineta queren festexar a chegada do outono convidando a unha degustación.

O menú da degustación en Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio 10) constará de copa de Xirpín blanco con zamburiña en salsa de vieira.

En Catrineta (Ruela de Altamira) consistirá en  copa de Xirpín tinto con mexillón en escabeche e xouba en aceite de oliva.

Os viños Xirpín son elaborados por Antón Saborido en Esteiro (Boiro). Están baixo a Indicación Xeográfica Protexida Viños da Terra da Barbanza e Iria.

Pola súa parte, Catrineta é unha tenda especializada en conservas, que acolle coa súa propia marca produtos de calidade de distintos elaboradores artesanais.

Comparte...