Arrincan as VIII Xornadas de Puertas Abertas do Roteiro do Viño Monterrei

Arrincan as VIII Xornadas de Puertas Abertas do Roteiro do Viño Monterrei

A Ruta do Viño Monterrei da man con Turismo de Galicia, impulsan desde hoxe 14 de xuño e ata o domingo 16, a oitava edición das súas xornadas de portas abertas cun ambicioso programa de actividades.

Monterrei, Oímbra e Verín serán tamén protagonistas na cita a través de seis adegas desta denominación de orixe, ofrecendo visitas guiadas e degustacións pola zona. En concreto, as persoas que se animen a participar poderán coñecer máis detalles sobre a vitivinicultura local a través da experiencia en primeira persoa das adegas Fragas do Lecer, Daniel Fernández, Gargalo, Pazo de Valdeconde, Quinta Soutullo e Viños Lara.

Menús especiais en restaurantes, ofertas especiais nos hoteis da contorna, música en directo, exposicións e ata un percorrido en bicicleta completan o amplo abanico de propostas que Monterrei preparou para a última fin de semana da primavera, entre viñedos con D.O.

Para máis información: Ruta do Viño Monterrei

Comparte...