VILAXOÁN UNE DEPORTE E GASTRONOMÍA NA FESTA DO PORQUIÑO

VILAXOÁN UNE DEPORTE E GASTRONOMÍA NA FESTA DO PORQUIÑO

O Club de Remo Vilaxoán, organiza o domingo 18 de novembro a festividade de San Martiño en Sobrán, coa quinta edición da “Festa do Porquiño”. A partires das 13:00 horas poderase degustar un menú tradicional composto de empanada de zamburiñas, porquiño á brasa, pan e sobremesa, ao prezo de 12 euros.

Fogar do Espeto, de Moraña, será o responsable de preparar o porco.

A xornada servirá como modo de achegar fondos para as actividades deportivas da entidade.

Recoméndase reserva previa nos teléfonos 677.550.323 e 678.315.456

Comparte...