SONY DSC

Xornada de viño e cultura en Vigo

Viñoteca Aveleira de Vigo, ubicada na rúa Abeleira Menéndez, 28, Baixo, no Casco Vello da cidade, acollerá unhas xornadas para ensalzar o cinema, o viño e a cultura. Será o xoves 13 de xullo, entre as 20.30 e as 22. 15 horas.  Xavier Castro será o conductor da xornada, que fará un repaso de Vigo dende Hemingway, Valentín Paz Andrade e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Nesta ocasión os asistentes, previa reserva, poderán apreciar os caldos da Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo. Esta adega elabora os viños Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira; e Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Poderanse probar, ademais, o branco reserva Leive Reliquia e un tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.

Durante a xornada tamén se servirán petiscos de pan artesán con friames de porco celta e queixo galego de calidade. Para asistir haberá que inscribirse na Viñoteca. O prezo da entrada por persoa é de 13 euros.

 

Comparte...