Volven os Xoves de Martín Códax, música e viño para as noites de xullo e agosto

Volven os Xoves de Martín Códax, música e viño para as noites de xullo e agosto

Rosa Cedrón, Carmen París e Xabier Díaz, Banda Crebinsky, Os Modernos, Uxía ou Martirio daranse cita ao longo deste verán na terraza-lounge da adega Martín Códax nunha nova edición de Os Xoves de Códax, que alcanza así a súa cuarta edición con vontade de seguir mesturando ingredientes artísticos e musicais con paisaxes e viño para crear experiencias intensas. Tardes de música e albariño que se desenvolverán os xoves de xullo e agosto a partir das 20:30 horas e cunha entrada que se pode adquirir na tenda en liña da adega cun custo de 5 euros que se adica a distintas asociacións benéficas da zona.

A apertura desta edición de Os Xoves de Martín Códax estará a cargo Rosa Cedrón e Emilio Rúa; o 9 de xullo actuará Carmen París e Xavier Díaz e o 16 de xullo corresponde quenda á excepcional Banda Crebinsky; o 23 de xullo será o momento da para a orquestra Os Modernos e abrirá agosto (día 6) Guadi Galego e Pachi García; o 13 de agosto pasará pola terraza Radio Pesqueira, dúo formado pola guitarra eléctrica do galego Pablo García e a flamenca de Nono García. O peche corresponderalle a Eliseo Parra e Marcelo Dobode, o 20 de agosto, e Martirio e Uxía, o 27 de agosto.

Comparte...