Festa do Lacón en Xove, este sábado

Festa do Lacón en Xove, este sábado

O concello de Xove celebra, da man da Asociación Cultural Saiñas, a súa VII Festa do Lacón o sábado 2 de marzo . A cita é a partires das 20:00 horas, no Pavillón Municipal de Xove.

A organización recorda que a cita é aberta e ten 300 racións previstas, a un prezo de 8 euros, consistentes en: sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e máis bebidas. Como se fose un concerto, se se merca anticipadamente, o custo rebáixase aos 7 euros.

Trala lacoada haberá festa con discoteca móbil a partires das 23:00 horas e chocolatada.

Comparte...